18 febrero, 2011

POESIA DE MEDOS ROMERO


OS QUIERO PRESENTAR A UNA COMPAÑERA, ENFERMERA DEL ÁREA SANITARIA DE FERROL Y UNA GRAN ESCRITORA Y POETA. MI PEQUEÑO HOMENAJE PARA ELLA.





Del poemario

LENZOS DAS MADRUGADAS

Libros da Frouma
Librería Follas Novas/Follas Novas Edicións
Santiago de Compostela
2003
(ISBN: 84-85385-84-5)



Ausencias


Cando a casa
pobreza de ausencias
e os morcegos
dancen sos -¡malditos eles!-,
ficaremos lonxe, ¡tanto!,
esquecidos daquel desexo,
da ansia de sermos
sempre nós.



No último inverno


Cuarteou a lúa.
Chove sobre das casas sen teito.
A de Fe terma do esquelete.
A auga esfarela o barro do forno
marelando nunha charqueira.
Ao lonxe cospe ao ceo
nubes de fume a Central.



A vida


Da fondura dos carballos ven este silencio,
da boqueira onde me ollan as eguas.
Unha luz vaise derrafando,
deténdose ferida nos loureiros.
Salouco. Fenda.
Unha folla voltea no ar, roxe aínda viva,
vai caendo lenemente e fica agora no chan,
desangrada, orfa
.


***

MEDOS ROMERO nace en Soomede, As Pontes, en 1959. No ámbito da lírica publicou os poemarios Rendéome no tempo (1998), Ánome en por min (1999), O peso da derrota (2000).

No hay comentarios: